Entradas

Solicitude de entradas para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia. Febreiro 2020

Orquestra Sinfónica de Galicia

A Universidade da Coruña (UDC) pon de novo a disposición do seu alumnado 80 entradas dobres de balde para o vindeiro concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).

Data: Sábado 15 de febreiro ás 20:00 h

Lugar: Pazo da Ópera

Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario

Prazo de solicitude: Comezará desde a publicación da ligazón na páxina web da UDC, que se fará o mércores 5 de febreiro a partir das 14:00 horas e finalizará o xoves 6 de febreiro ás 23:30 horas ou ata que se esgote o número de entradas ofertadas.

Recollida: As entradas na Coruña recolleranse os días 10, 11 e 12 de febreiro en NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da UDC no Campus de Riazor nos horarios de recollida de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h

As entradas en Ferrol recolleranse os días 11 e 12 de febreiro na Oficina da Área de Cultura no Centro Cultural Universitario no Campus de Esteiro de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 20:00 h

As persoas que teñan dereito a entrada recibirán un correo electrónico, posterior ao envío do formulario, no que se lles confirmará que poden recollelas nos días e horarios indicados.

Condicións: Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar dúas localidades.

O reparto estará suxeito á orde de solicitude das entradas dispoñibles.

Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2019/2020; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.

Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente o DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.

As persoas que non recollan as entradas e non o comuniquen ao enderezo cultura.coruna@udc.es, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

 

Programa da temporada 2019/2020 da OSG para o abono sábado

Para calquera dúbida ou incidencia, podedes chamar aos seguintes números telefónicos:
Jorge Cordal - 881 014 502 (quenda de mañá)

Noemí Castro - 881 014 518 (quenda de mañá)

Rubén Ruibal - 881 014 511 (quenda de tarde)

 

 

logo ConcelloCorunaProxima