Alberto Valderruten Vidal

Alberto Valderruten Vidal

Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente

Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente desde 2016

Doutor en Informática (1993) pola Université Toulouse III-Paul Sabatier, participa como membro do Institut de Recherche en Informatique de Toulouse (IRIT) no proxecto Esprit-II Complement, dedicado ao estudo da práctica industrial europea no desenvolvemento de sistemas de tempo real. Comeza a súa actividade docente tamén en Toulouse (1989), e a partir de 1995 na UDC como profesor do Departamento de Computación, no Laboratorio de Fundamentos da Computación e Intelixencia Artificial, dedicado á aplicación de tecnoloxías de programación funcional e de verificación en arquitecturas distribuídas.

Membro do grupo de investigación MADS (Models and Applications of Distributed Systems), adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións (CITIC), a súa investigación céntrase no uso de metodoloxías de modelización para o desenvolvemento de sistemas distribuídos fiables, robustos e eficientes, incluíndo técnicas para a avaliación do rendemento e a verificación de sóftware.

Decano da Facultade de Informática da Coruña (FIC) no período 2004-2013. Secretario da Conferencia de Decanos e Directores de Informática (CODDI), participa na elaboración do Libro Branco do título de grao en Enxeñaría Informática. Participa na posta en marcha e ampliación do Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións como centro singular do Parque Tecnolóxico da UDC destinado á transferencia tecnolóxica no ámbito das TIC.

Equipo

Roberto J. Nuez Sánchez

Secretario